Neste primeiro trimestre o alumnado de todos os cursos do noso centro tivo a sorte de acudir (agás 1ºESO) a diferentes actuacións teatrais en lingua galega, en concreto foron a ver Bicos con lingua e O tolleito de Inishbad, ambos con grandísimo éxito de público (e crítica, por parte dos nosos rapaces e rapazas).
Ademais, o equipo de normalización lingüística organizou, para o alumnado de 1ºBACH, unha saída que consistiu nunha interesante charla de Manuel Gómez Singala, amenizada polo acompañamento musical de MJ Pérez. Esta actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello da Coruña.
Moitas grazas ao departamento de galego e ao ENL, pola frenética actividade desta avaliación sacando a máis de 600 estudantes a realizar diferentes actividades complementarias. O alumnado de 1ºESO sairá tamén en próximas datas a realizar outras actividades.
miércoles, 20 de diciembre de 2017
Saídas ao teatro e outras actividades de promoción da lingua galega
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario