O encontro intercentros xuntou ós IES David Buján e IES Afonso X O Sabio no
IES David Buján e participaron estudantes de 4ºESO (A e B) e 2ºESO (A,C e D) durante os días 19 e 20 de decembro.
Disputáronse varias disciplinas deportivas: baloncesto, balonmán,
floorball, xadrez, fútbol, voley, brillé e badminton e o desprazamento fíxose en bus.
O horario da actividade foi de 8:30 a 14:10, mentras que no pabillón
deportivo os partidos foron dende as 9 as 13:30 con un descanso as 12 ata as
12:30.
Foron unhas xornadas moi productivas, onde o alumnado conviviu con
compañeiras e compañeiros de outros centros a través de actividades deportivas,
dando continuidade a moitos dos obxetivos que perseguimos dende o centro como o
fomento de estilos de vida saúdables, respecto, autosuperación,
colaboración, entre outras.
0 comentarios:
Publicar un comentario