O pasado mes de abril, os días 19, 20 e 21. O alumnado de 1º ESO visitou o Espazo Natural Encoro Abegondo-Cecebre .
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía; nela, os nosos estudantes máis pequenos puideron acudir á aula de natureza, a un centro de anelamento e tamén camiñaron todo un roteiro de 7 km con dúas guías.
O alumnado quedou moi contento, xa que inda que o teñen cerca non é habitual que saian e disfruten da natureza. Agora xa coñecen este pequeno paraíso que teñen tan preto de casa para poder desfrutalo calquera rato libre.
Desde aquí o noso agradecemento aos departamentos implicados e ao alumnado, por axudarnos a desfrutar moito con estas actividades!.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario