domingo, 11 de febrero de 2018

Entroido no IES Afonso X O Sabio

Como cada ano, o día do Entroido é unha festa no IES Afonso X O Sabio, nós celebramos a xornada dun xeito moi festivo realizando diferentes actividades: concurso de doces, actividades físico-deportivas, bailes e, sobre todo... O CONCURSO DE COMPARSAS. Este ano o concurso foi un auténtico EXITAZO, con moitísima participación na ESO e o alumnado atentísimo por veren os traballos dos compañeiros e das compañeiras.

As comparsas caracterizáronse polos bailes, coidadas dramaturxias e audios secuenciados. O xurado tivo moi difícil o reparto de premios. Houbo moitas mencións e incluso rei (Daniel Freitez, de 2ºPMAR) e raíña (Raquel, titora de 4ºB, unha super titora entregada co traballo do seu alumnado); pero houbo un 1º premio do primeiro ciclo da ESO a 2ºA-PMAR (cun traballo no que aunaron dramaturxia, integración, coreografía, marabillosos disfraces e moito humor) e o 1º premio do segundo ciclo da ESO a 4ºB, cun traballo estupendo con altísima participación e implicación por parte de todo o alumnado. O premio especial deste ano foi a parar a 1ºBACH B, que fixeron toda unha representación dunha gala de OT no que houbo bailes, playbacks, improvisacións teatrais e un largo etcétera que nos mantiveron pegados a súa actuación.

Desde aquí felicitar  a TODO o alumnado pola súa gran participación, foi unha festa preciosa.

Aquí adxuntamos algunhas das fotos do concurso de comparsas, así como algúns vídeos das representacións. Tamén queremos adxuntar imaxes do concurso de doces de Entroido organizado pola ANPA Castelao en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. Xa se repartiron os premios a modo de diploma, inda que os premios físicos entregaránse ao alumnado á volta do Entroido. Por outra banda, o Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Debuxo tamén organizou un concurso de cartaces de Entroido, o fallo deste certame tamén se dará á volta das vacacións.

Moitas grazas por tan alta participación e tamén á ANPA, quen un ano mais repartiu lambetadas de Entroido para todo o alumnado do centro e, unha vez mais, tivemos un día de unión de toda a nosa Comunidade Educativa.

Imaes do concurso de comparsas:













Algúns vídeos do concurso de comparsas (temos outros, pero que temos que cortar para podelos subir, a que son moi largos):









Imaxes do Certame de Cartaces de Entroido organizado polo ENL e o departamento de Debuxo:










Imaxes do Certame de doces de Entroido organizado polo ANPA Castelao e o ENL:


Noraboa e grazas a todos os colaboradores: o departamento de Educación Física, o Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Debuxo, o departamento de Música (na posta a punto do son e todo o equipo técnico) e, por suposto, a inestimable axuda dos titores e as titoras que ensairon e axudaron ao alumnado, así como docentes incontables que permiten que todo isto saia adiante cada ano; ao ANPA Castelao, que participa sempre moitísimo e fai que sexa unha alegría organizar o evento e.. A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

0 comentarios:

Publicar un comentario