sábado, 22 de diciembre de 2018

Fin de festa no Afonso X O Sabio

Un ano máis, o IES Afonso X O Sabio acaba o primeiro trimestre cunha boa festa de Nadal. Neste caso tivemos as seguintes actividades para todo o noso alumnado:

Por unha parte, o profesorado de educación física organizou diversas competicións deportivas; o grupo da Biblioteca organizou a proxección da película Campeones, que tivo unha gran acollida entre o noso alumnado; o departamento de inglés e lingua galega, mantivo o tradicional Galeoke, todo un éxito de público e crítica entre os e as estudantes de todos os niveis; ademais, alumnado de todos os cursos participou no festival de música e baile organizado polo departamento de Música, no que participaron estudantes de grupos completos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato, ademais do fabuloso Coro do IES Afonso X O Sabio. Por último, o departamento de bioloxía, a través da materia de Anatomía Aplicada, repartiu comida saudabre feita polo propio alumnado.

Ademais, a ANPA Castelao repartiu sorrisos e MOITOS doces de Nadal, ASÍ QUE FOI UN AUTÉNTICO PLACER PARA TODOS OS SENTIDOS.

Finalmente, antes do reparto de notas, bailamos todos xuntos co Discoafonso, no que sempre contamos cos distintos DJ que están entre o noso alumnado.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e BO NADAL.








0 comentarios:

Publicar un comentario