O pasado 25 de novembro celebrouse no noso instituto o día contra a violencia machista. Efeméride na que debemos de recordar que cada ano morren moitas mulleres a manos das súas parellas ou exparellas, un número todavía maior sufre algún tipo de violencia e moitas poñen denuncias en xulgados contra a violencia de xénero.
No noso caso fixemos unha exposición de caligramas contra a violencia machista e repartíronse lazos e pulseiras con lemas ao caso.
Pero repasemos algúns datos... por qué debemos celebrar esta efeméride?
Inda que todos os días debamos educar para loitar contra todos os tipos de violencia, a violencia contra a muller ten unhas características concretas que merecen ser sinalada a parte. Por unha parte, é o tipo de violencia máis habitual, no ano 2015 60 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. Nesta cifra non se computan nin as mulleres que non tiñan relación sentimental co asasino (por exemplo, houbo casos no que o asasino matou á nai, á amiga, etc) nin aos fillos da muller.
Qué é a violencia machista?
É aquela que se exerce mediante toda acción ou ben omisión, dentro do marco dunha relación desigual de poder, que de maneira directa ou indirecta, tanto no ámbito público como no privado, afecta a túa vida, libertade, dignididade, integridade física, psicolóxica, sexual, económica ou ben patrimonial, polo exclusivo feito de ser ou ben sentirte como unha muller.
A violencia machista adopta diversos tipos:
1. Física: cando se produce un dano, dor ou risco de ser producido, no teu corpo. Ou ben calquera outra forma de maltrato que afecte contra a túa integridade física.
2. Psicolóxica: se che causa dano emocional, se afecta a túa autoestima, perxudica ou perturba o teu desenvolvemento persoal, se busca a degradación, controlar as túas accións, as túas crenzas e decisións mediante amenazas, o acoso, a humillación, o hostigamento, a manipulación e o aillamento.
3. Sexual: se vulnera en todas as suas formas, con ou sen acceso xenital, o teu dereito a decidir voluntariamente sobre a túa vida sexual ou reprodutiva, mediante a ameaza, o uso da forza ou ben a intimidación.
4. Económica e patrimonial: se busca menoscabar os teus recursos económicos ou patrimoniais mediante diversas accións que inclúan a perda dos teus bens ata o control e limitación ou control dos teus ingresos.
5. Simbólica: se se naturaliza a subordiación das mulleres na sociedade, mediante a transmisión e reprodución de patróns estereotipados, mensaxes, valores, inconos ou signos que promoven a dominación, a desigualdade e a discriminación.
A violencia machista é un problema da nosa sociedade, un problema gravísimo, xa que afecta directamente á metade da nosa poboación. Xa que hoxe falamos só de datos imos poñer de onde os sacamos: do Observatorio da Violencia de Género, e da páxina web Niunamenos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario