O pasado día 8
de marzo ás 17 horas, tivo lugar, no salón de actos do Instituto, un coloquio aberto sobre a
violencia de xénero. Contamos coa presenza de D. Miguel
Filgueira Bouza, xuiz de violencia de xénero da da Coruña. Asistiu alumnado dos
dous cursos de Bacharelato, de 4º da ESO e de FPB. O acto
era dende o principio aberto ás intervencións do alumnado. Tivo moito interese a confirmación dende o aspecto
xudicial de moitos dos elementos que se abordan sobre o tema, como son as
dificultades de denunciar das vítimas, a pasividade das persoas coñecedoras, o
inicio na adolescencia de condutas entre as parellas que propician
posteriormente estes comportamentos. Constatamos co xuiz como un problema que
parecía que ao abordalo abertamente dende varios ángulos- xudicial, policial,
educativo, asistencial, etc- entraría en vías de solución ou de minorización non está sendo
así. Desafortunadamente estanse reproducindo condutas e valores favorecedoras
desta violencia, e actuación da educación, sempre imprescindible, non é
suficiente para cambiar esta situación.
Grazas a esta interesante proposta que ven da Comisión de Convivencia, a iniciativa do grupo de traballo de convivencia que ten o noso instituto.
0 comentarios:
Publicar un comentario