miércoles, 10 de mayo de 2017
Charla-coloquio co Xuíz de violencia de xénero
Mañá xoves, día 11 de maio, sobre as 17:00 da tarde, no salón de actos do noso instituto, terá lugar unha conferencia bilingüe (en castelán e inglés) impartida polo xuíz especialista en violencia de xénero Miguel A. Filgueira Bouza.
A conferencia desenvolverase nun formato que potenciará o diálogo, polo que invitamos a todo o alumnado, profesorado, pais, nais e todo aquel interesado no tema.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración co xuíz e con toda a nosa comunidade educativa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario