Os pasados días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 3ºESO do noso instituto, puido disfrutar dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física pola costa Dexo-Serantes.
Entre os obxectivos que se perseguían con esta saída estaban dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable; e tamén analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido e, sobre todo, buscar que o noso alumnado sexa consciente dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e, en concreto, no Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes.
Entre as actividades que se fixeron estiveron a visita á Aula do Mar ( antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera) para ver a exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona; e un roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes.
Moitas grazas ás profesoras por organizalo!
0 comentarios:
Publicar un comentario