O pasado mércores, o alumnado de 3ºESO tivo a oportunidade de participar nunha saída organizada polo departamento de tecnoloxía que consistiu en acudir ao parque eólico de Sotavento.
A Fundación Sotavento Galicia é, desde 2002 un referente na divulgación e educación enerxética e está situada en Momán-Xermade (provincia de Lugo).
Nesta visita, o alumnado visitou á exposición sobre a historia do aproveitamente da enerxía eólica, viron os aeroxeneradores, ás instalacións solares e á casa bioclimática. A maiores puideron realizar un obradoiro sobre cómo xirar a góndola dun aeroxenerador, reflexionaron sobre as medidas de aforro enerxético e observaron a relación entre as instalacións solares e o seu aproveitamento doméstico. Por último, tamén puideron ver o funcionamento dun coche electrico.
O obxectivo principal da excursión foi a de facer ao alumnado tomar conciencia da necesidade de cambiar o modelo de desenvolvemente enerxético, apostando pola responsabilidade e a diversificación das fontes de enerxía, así como polo aforro enerxético para evitar os impactos medioambientais
Apoio complementario e práctico para as sesións teóricas nas materias de Tecnoloxía e Ciencias Sociais
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario