viernes, 1 de mayo de 2020

Retratos Solidarios

O departamento de Debuxo do IES Afonso X O Sabio e o Concello de Cambre están colaborando no Proxecto "Retratos Solidarios".
Con esta iniciativa búscase animar ao alumnado a facer debuxos para as persoas maiores de 65 anos do municipio que viven sós ou soas.
A través desta proposta, Lara e Sofía, retratista e retratada, puideron coñecerse telefonicamente.
Unha vez remate esta situación, o obxectivo é levar a cabo unha exposición coas obras que servirá, así mesmo, para que os mozos e mozas e as persoas maiores participantes neste proxecto poidan coñecerse.
Para máis información, botádelle un ollo á historia completa neste artigo de La Voz de Galicia

0 comentarios:

Publicar un comentario