jueves, 29 de diciembre de 2016

Actividades dos últimos días de antes de Nadal

Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.

Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.

O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.








O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.

Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.






Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!

0 comentarios:

Publicar un comentario