O pasado 16 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO tivo a fortuna e o pracer de acudir a unha charla coa escritora María Solar sobre o seu libro Os nenos da varíola que se traballou nas clases na primeira avaliación, no marco das actividades programadas colaborativamente entre o departamento de Lingua e Literatura Galegas e o Clube de Ciencia.
Chegamos á Universidade Laboral de Culleredo onde tamén se encontraba alumnado doutros centros educativos da bisbarra, e no gran paraninfo do centro puidemos aproveitar para escoitar as interesantes reflexións da autora e de dúas científicas do CSIC sobre o virus da varíola e a expedición Balmis para levar a vacina a América, onde a enfermidade estaba facendo estragos na poboación.
Resultou moi interesante, e ao remate estableceuse unha quenda de preguntas, pero o que moit@s alumnos desexaban con impaciencia era que a autora lles dedicase o libro, cousa que sucedeu ao final cumprindo así os desexos das máis afervoadas admiradoras.
0 comentarios:
Publicar un comentario