viernes, 30 de junio de 2017

O alumnado de Cultura Científica anima o noso centro



No último trimestre, o departamento de Bioloxía realizou unha serie de actividades de cara a concienciar aos nosos rapaces e rapazas sobre diferentes aspectos da ecoloxía, medio ambiente e da divulgación.

Por unha parte, o alumnado de Cultura Científica (4ºESO) puido colaborar na exposición Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, que estivo no noso centro durante a Semana Mundial da Inmunización, do 24 ao 30 de Abril. Nesta ocasión participaron como monitores (que explicaron a exposición ao alumnado de 1ºESO) o alumnado de Cultura Científica (4ºESO), no seu labor de transmisores de información de interese científico.






Por outra banda, o pasado 5 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do XI Concurso Fotográfico organizado e convocado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os gañadores deste ano foron Álvaro Ces, de 4ºESO (1º premio) e Iena Fachal de 1ºESO (2º premio). A entrega de premios sempre a facemos o día 5 de xuño para conmemorar o día mundial do medio ambiente.

Por último, debemos recordar tamén o estupendo obradoiro de reciclaxe de papel que tivo lugar durante a primeira semana de xuño (tamén para recordar a importancia da reciclaxe para protexer o noso medio ambiente). Neste obradoiro participaron estudantes de diversos niveis (80) e, outra vez, os nosos divulgadores profesionais, o alumnado de 4ºESO de cultura científica, foron os monitores do alumnado máis pequeno. Algúns rapaces fixeron auténticas marabillas, que por suposto levaron para casa unha vez secas as súas láminas.... "Coas mans na pasta...de papel"


Moitas grazas ao profesorado de Bioloxía e Xeoloxía e ao seu alumnado por insistir no noso alumnado sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.

0 comentarios:

Publicar un comentario