domingo, 3 de febrero de 2019

Encontro literario con Anxo Fariña


O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 2ºESO asistiu, no salón de actos do noso instituto, a unha charla con Anxo Fariña titulada Historia dun libro. 
A actividade fíxose dúas veces, para que puidese asistir todo o alumnado nas mellores condicións posibles. Durante a sesión, o artista contou ao alumnado como é o proceso de creación dunha historia, dos personaxes e das ilustracións correspondentes. Ao finalizar houbo rolda de preguntas por parte do alumnado, que mostrou grande curiosidade polo seu traballo.

Finalmente, o artista propuxo a quen quixese, de forma completamente voluntaria, a realización dunha caricatura.
Esta actividade é posible grazas á participación do noso centro no programa Por qué leer a los Clásicos, do Ministerio de Educación, neste caso no itinerario Encuentros literarios, no que o centro escolle un autor para que veña ao instituto a falar da súa obra, seguida por un coloquio cos estudantes. O ano pasado, dentro deste mesmo itinerario, contamos coa participación do contacontos David Acera.










0 comentarios:

Publicar un comentario