miércoles, 25 de marzo de 2020

Reto TUSA

Desde o IES Afonso X O Sabio queremos facer a proposta a todo o noso alumnado (e ao que se queira sumar, por suposto) para aprender a tocar/cantar Tusa usando este videotitorial:

O seu será tocala ou cantala todos xuntos o xoves día 2 de abril ás 13:00, inda que non haxa ninguén na túa rúa sal igualmente, pode ser que haxa xente ao teu redor, máis lonxe ou máis cerca.

Esta iniciativa secunda a lanzada pola COAEM de #Musicaviral e busca facer que os e as estudantes de Cambre entablen diálogos entre eles e coa súa veciñanza, de forma que fagan música pero á vez se comuniquen cos demais.

No canle de youtube do departamento de música do noso centro subiremos os vídeos que nos enviedes, se queredes que os publiquemos, con vos tocando a canción nos días previos:

Correo electrónico ao que enviar as propostas de vídeos: beatriz.alonso@iesafonsoxcambre.com


Máis información na páxina web do Concello e neste artigo de La Opinión de A Coruña



0 comentarios:

Publicar un comentario