lunes, 20 de noviembre de 2017
Actividade de inglés no noso centro
O pasado venres, no salón de actos do noso centro, o departamento de Inglés organizou, en colaboración coa editorial Burlington, unha actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
Co título de On the road with Tammy, o alumnado puido "viaxar", da man de Tammy, unha muller de Nova York, a través de distintos aspectos culturais americanos.
O alumnado foi quen de participar grazas ao diálogo coa relatora, quen ía preguntando diferentes cuestións aos rapaces e recibían un premio -un bolígrafo- se daban a resposta correcta. A sesión resultou ser moi entretida e os nosos e as nosas estudantes tiveron que utilizar toda a súa competencia en comunicación oral en lingua inglesa.
Esperamos que, a través desta actividade, o alumnado sinta todavía máis ganas de aprender, utilizar e vivir o seu inglés. Desde aquí moitas grazas ao departamento de lingua inglesa por organizar esta actividade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario