Para celebrar o Samaín, desde o equipo de normalización lingüística do IES Afonso X O Sabio convocamos un concurso de decoración de portas para as clases de 1º ESO.
Todos os grupos participaron moi activamente, decorando terroríficamente o noso instituto. Tras unha dura deliberación, o xurado composto por 10 membros do profesorado e 10 membros do alumnado deron como gañadora a porta de 1º ESO C. Parabéns á clase gañadora! Poderán pasalo de medo nunha merenda que se lles ofrecerá na cafetería do insti.
Aquí podedes ver a tenebrosa decoración gañadora.
Moitas grazas a todas os grupos participantes, así como ao xurado deliberador. Ata o próximo ano!
jueves, 23 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario