domingo, 4 de febrero de 2018

A nosa ilustradora das orlas de 4º. E ti de qué vas?

Entramos na semana de inicio do Entroido. Noutros lugares como Xinzo xa levan semanas celebrándoo pero nós temos unha festa un pouco máis concentrada. Queríamos compartir con toda a nosa comunidade educativa que, a artista que nos leva facendo as orlas de 4ºESO desde hai xa uns tres anos é a responsable dos carteis do Entroido da Coruña

Aquí podedes ler un pouquiño sobre en qué están baseados. E tamén podemos refrescar un pouco das orlas dos últimos anos e algúns dos carteis que nos ten presentado.

Un luxo poder contar cunha artista coma Yupiyeyo para colaborar co noso centro.

Por outra banda, queremos recordar o que imos facer nós para a nosa festa de Entroido. O día 9, venres, temos unha xornada especial. Como cada ano faremos un concurso de comparsas de Entroido. Para tal fin o alumnado presentarase co seu grupo e farán un desfile, un baile, unha canción ou unha representación.. esperamos moita participación e implicación do alumnado. Esperamos tamén repartir moi bos premios.

O programa de actividades complementarase este ano con actividades físicas e deportivas e un baile ao repatar as comparsas... e paralelamente celebrarase o certame de DOCES DE ENTROIDO organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e o ANPA Castelao, quenes, ademais, repartirán doces para todo o alumnado...

Desde aquí moitas grazas, como todos os anos, aos departamentos implicados: Lingua Galega, Debuxo, Administración, Educación Física, Música.. e todos os que fan posible esta xornada tan divertida.

0 comentarios:

Publicar un comentario