lunes, 22 de marzo de 2021

Actividade literaria con Cándido Pazó

 


Hoxe o IES Afonso X O Sabio organizou unha charla para todo o alumnado de 1º de Bacharelato cun dos máis recoñecidos dramaturgos galegos, Cándido Pazó. Neste caso a actividade estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, dentro do programa Por qué leer a los clásicos? e versou sobre os xéneros literarios e, en concreto, sobre La tribuna de Emilia Pardo Bazán, a quen rendimos unha pequena homenaxe no ano do seu centenario. Por mor das restriccións da pandemia a actividade realizouse en dúas quendas, para que así puidese asistir todo o alumnado do curso. Desde aquí esperamos que sirva para reflexionar sobre as aportacións da gran escritora Emilia Pardo Bazán, de como escribiu sobre o noso entorno, das personaxes femininas e, tamén, de como se pode trasladar a narrativa ao teatro.


A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e vicedirección, coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Castelá. Grazas a todos e a todas por asistir e colaborar.


0 comentarios:

Publicar un comentario