A última semana do curso, como ven sendo habitual, realizouse a excursión de fin de etapa da ESO para o alumnado de 4º. Nesta ocasión foron máis de 50 estudantes quenes, acompañados por as profesoras Belén Iglesias, Begoña Lourido e Miriam López.
O alumnado portouse como era esperado e realizaron actividades físicas (un día completo na praia, actividades de tirolina, etc) culturais (visitas turísticas á cidade de Barcelona) e visitas a parques temáticos (Port Aventura e un Aquapark).
O alumnado puido disfrutar de ter acabado o curso e a etapa e foi unha boa despedida para todo aquel que non segue no noso centro.
Unha forte aperta a todos, foron anos marabillosos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario