O próximo martes comezamos no noso instituto coas actividades complementarias e extraescolares do presente curso escolar. Dous grupos de 2ºESO van a ter a sorte de acudir a un obradoiro coa escritora Eva Mejuto na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.
O obradoiro versará sobre o libro 22 segundos, un libro importantísimo que trata sobre o tema da transexualidade na adolescencia.
A actividade, ademais de achegarnos cunha escritora e favorecer o uso da lingua galega, ten como obxectivo tratar o tema da transexualidade coa mocidade, visibilizar ao colectivo e propoñer esta opción como tan válida e que debe ser aceptada socialmente sen ningún tipo de discriminación e cunha completa aceptación.
A actividade forma parte das accións que fai regularmente o noso instituto para loitar contra a LGTBIfobia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario