domingo, 3 de febrero de 2019

Contacontos en inglés


O 25 de xaneiro o alumnado de 1º ESO acudiu a unha actividade de contacontos en
galego e inglés organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas e o
Departamento de Inglés. Patricia McGill comezaba as historias en inglés, mentres que Charo
Pita as interpretaba dende o galego. As dúas actrices contáronnos historias clásicas onde as
bruxas eran as protagonistas, coñecemos quen foi o rei Artur e Barba Azul deunos medo tanto

en galego como en inglés. O alumnado marchou coa intriga no corpo e con ganas de máis.







0 comentarios:

Publicar un comentario