jueves, 14 de diciembre de 2017

Ensaio xeral da Sinfónica de Galicia

Hoxe pola mañá, dous grupos de 3ºESO puideron ir a un ensaio xeral da sinfónica de Galicia. Neste ensaio puidemos ver a Sinfonía nº4 de Tchaikovsky ao completo e, despois, puidemos ver cómo ensaia unha orquestra de verdade. Vimos ao director dando instrucións, parándose en distintos compases e, incluso, cómo os profesionais repetían pasaxes variando segundo o que lles marcaba. Ademáis o ensaio foi moi interesante, xa que se desenvolveu en varios idiomas á vez.
Finalmente, e de forma sorprendente, puidemos disfrutar dun bis moi navideño, a Marcha Radetzky, de Johann Strauss Sr, onde o director dirixiu a toda a tropa de estudantes que poblamos o auditorio.

Moitas grazas ao departamento de música por organizalo e ao noso alumnado, que se portou moi ben.


0 comentarios:

Publicar un comentario