lunes, 17 de julio de 2017

Entrega de premios do Certame de artigos xornalísticos Carlos Casares

Na tarde do 6/06/2017 celebramos no noso IES Afonso X O Sabio un acto de homenaxe a Carlos Casares no seu ano das Letras Galegas. Organizado polo EDLG, a biblioteca "O bosque animado" e a Vicedireccion do centro, o acto contou coa presenza do Concelleiro de Deportes e a Concelleira de Educacion do Concello de Cambre e tamen de Pura Galan, Coordinadora dos Equipos de Dinamizacion da Lingua Galega. A ultima hora Hakan Casares excusou a sua ausencia por enfermidade.

Despois das palabras de presentacion e da semblanza de Carlos Casares realizada por Felix Rodriguez Sanjurjo, director do IES, convidouse aos presentes a contemplar as exposicions froito do traballo nos diferentes cursos sobre Carlos Casares e as suas obras, especialmente arredor da tematica ferroviaria cos trens elaborados polo alumnado de primeiro e segundo de ESO asi como o diorama que reproduce escenas literarias realizado polo profesor François Davo e tres alumnas de egundo de ESO que elaboraron o decorado.  Ademais a exposicion contou con traballos diversos de todo o alumnado sobre as suas obras infantis ou os seus artigos xornalisticos.

Asistimos seguidamente a proxeccion de varios videos elaborados polo alumnado de segundo de Bacharelato baseados en relatos de Vento Ferido, xa que se cumpren este ano 50 da sua publicacion. Previamente, alumnado de primeiro de ESO realizou a lectura de cada un dos relatos: "A rapaza do circo", "O outro veran", "Aparecera pola esquina" e  "O xogo da guerra". 

A continuacion entregaronse os premios do concurso de artigos xornalisticos Carlos Casares que consistiron en dous cheques agasallo da FNAC e dous lotes de libros agasallo da Fundacion Carlos Casares.

Para rematar, a actuacion do ilusionista Martin Camina coa obra de Carlos Casares como eixo tematico puxo punto final a nosa homenaxe a Carlos Casares polas Letras Galegas 2017.



0 comentarios:

Publicar un comentario