lunes, 7 de mayo de 2018

Reparto de froita na escola

Como cada ano, o IES Afonso X O Sabio comezou hoxe a repartir a froita na escola, grazas a subvención concedida polo FOGGA.

Hoxe comezamos co reparto, repartindo fresas para os case 900 estudantes que ten o noso centro. A verdade é que estamos moi contentas, xa que en primeiro termo un grupo de estudantes axudou a lavar a froita, a limpar o chan cando se mollaba, a repartir en caixas, etc. Traballamos coma auténticos profesionais. Despois comezamos a repartir a froita entre os mais pequenos, primeiro, para que, durante o recreo, a xente puidese coller libremente nas mesas dispostas para tal fin. Ademais, o alumnado tamén axudou a que os restos de froita fosen ao lixo e, a verdade, todo funcionou moi ben.

Nos próximos días, repartiremos mazás, plátanos, clementinas e nectarinas, así que... a comer moita froita e a disfrutar do rica que está!!

Esta actividade forma parte, como sucede co reparto do Leite, do noso Proxecto Deportivo de Centro, que favorece unha vida máis activa como unha alimentación máis saudabre.

Desde aquí queremos agradecer a todos os docentes que colaboran, sería imposible facelo sen eles... tamén queremos agradecer ao alumnado, por esforzarse tanto en axudar a repartir e a LIMPAR o que ensuciamos cando lavamos e comemos a froita.... e por suposto, ao persoal de limpeza, quenes sabemos que estes días o teñen un pouquiño máis difícil, pero intentaremos compensar.



0 comentarios:

Publicar un comentario