No noso centro conmemoramos e celebramos o día de Rosalía coma unha festa da poesía. Como xa fixeramos en anos anteriores, recordamos o día do nacemento de Rosalía de Castro facendo un intercambio de poemas entre os diferentes cursos, recitando poemas da autora ou compostos para ela. Así, o alumnado de 4º ESO foi recitar ás clases de 1º ESO, e o de 1º ESO ás clases de 4º e tamén de 3ºESO. A actividade resultou moi ben, a rapazada implicouse moito e os recitados resultaron moi emotivos. Un día de Rosalía diferente!
Outra actividade que se levou a cabo polo Día de Rosalía foi a realización, nas clases de 1º ESO, de postais cos poemas, servindo algúns de soporte para o recital.
0 comentarios:
Publicar un comentario