Hoxe tivemos paseo por Valencia, primeiro, e visita á Albufera despois.
Comezamos o día cun paseo no bus polos sitios máis importantes da cidade. Ensináronos a Cidade das Artes e das Ciencias, o porto co percorrido da Fórmula 1.. e incluso Mestalla. Tamén aprendimos algo da historia da cidade e incluso de onde ven o morcego do escudo (que tamén está nos escudos do Valencia CF e do Levante).
Logo baixámonos por unha das entradas da antiga muralla (Torre de Serranos) e fixemos un percorrido a pé co guía por distintos sitios emblemáticos da cidade: prazas preciosas, o Mercado Central de Valencia... e incluso visitamos o edificio, patrimonio da humanidade da Unesco, a Lonja de la Seda.
Despois xa tivemos tempo libre, para acabar marchándonos ao parque natural da Albufera (pequeño mar), o que foi no seu día o lago natural máis grande de Europa. Alí comimos unha EXQUISITA paella caseira e, despois, dimos un paseo en barca, puidendo ver a flora e fauna da lagoa.
Finalmente, acabamos o día dándonos un pequeno baño na praia do Saler.
Aquí, bañándonos todos xuntos e xuntas.. inaugurando de verdade o verán!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario