O día 21 de xuño celebramos a fin de curso como ven sendo habitual, cunha grande festa que serve para poñer punto e final ás actividades académicas, para celebrar amizades e para despedirnos como debe ser, con moitas apertas e cariño.
As actividades consistiron en distintos obradoiros. Por unha banda, houbo actividades físicas nas pistas de deportes organizadas polo departamento de Educación Física; por outra banda, espuxéronse curtametraxes feitas polo alumnado de 1ºESO na nosa Biblioteca; paralelamente realizamos o tradicional karaoke no salón de actos animado polos departamentos de galego e inglés, que, como ven sendo habitual, foi un éxito rotundo; Na aula de audiovisuais, a nosa compañeira Mar Hermida tamén impartiu un obradoiro de linguaxe de signos, de moitísimo interese para toda a nosa comunidade educativa.
Mentres todo esto sucedía, no hall do instituto a ANPA repartía doces, para animar a festa, e o departamento de Música coordinou unha serie de actuacións que acabaron cunha enorme flashmob organizada, coreografiada e bailada polo alumnado de Artes escénicas e Danza de 4ºESO.
Ás 12:00 tivo lugar un momento moi especial para todo o profesorado e o alumnado, xa que comezou no salón de actos o acto de despedida do noso alumnado de 4ºESO. Inda que moitos e moitas van seguir no noso centro xa sexa facendo o bacharelato ou o ciclo de administración, é certo que algúns dos nosos rapaces e rapazas acaban os seus estudos con nós aquí. O acto foi moi emotivo, xa que repartimos agasallos para todos, visualizamos vídeos conmemorativos e houbo discursos moi divertidos. Aos titores e titoras déuselles un fortísimo aplauso, xa que durante o curso establecéronse relacións moi estreitas entre o alumnado e eles e fixeron unha grande labor. Mención aparte merece a nosa compañeira Alicia Sanjuán, quen estableceu co seu grupo 4ºD uns lazos moi especiais e este acto supuña tamén a súa despedida da docencia. O aplauso e cariño dos seus estudantes foi moi intenso e moi sincero e fixo ver os marabillosos estudantes que temos no noso centro e o bonito da docencia. Públicamente, os seus titorandos dixeron o moito que significara para eles tela a ela como titora e recordounos aos docentes presentes como debemos seguir traballando no futuro.
Para toda a nosa comunidade educativa, pasade un bo verán, e verémonos en setembro con moitas máis actividades, accións, excursións, apertas e momentos duros, xa que, inda que nos pese, tamén hai que estudar e facer exames.
Por último, so queremos recordar a todas as persoas que se van do noso centro, xa sexan traballadores, estudantes, pais ou nais, que esta sempre será a vosa casa.
Algunhas imaxes da festa:
Nesta o alumnado fai o signo de Cambre:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario