martes, 22 de mayo de 2018

Celebración do día contra a LGTBFobia

O pasado mércores celebramos no noso instituto o día contra a LGTBfobia. Xa que somos conscientes de que NON SE PODE TOLERAR ningún tipo de discriminación por razóns de xénero, identidade sexual ou de xénero. Porque nos gusta celebrar todas as diferenzas que supoñemos cada un de nós fixemos un pequeno acto conmemorativo en celebración.

O alumnado de 4ºESO da materia de Artes escénicas e danza estivo traballando no último mes sobre unhas coreografías nas que se reflectise, polo menos, unha situación de discriminación. Estas coreografías foron representadas neste día, para reflexionar entre todos situacións que están a acontecer agora mesmo en todos os centros educativos deste país e non se poden seguir producindo.

O noso alumnado, moi concienciado, compuxo catro pezas nas que se encargaron de todo (escolla e edición de son, vestiario, escenografría, dramaturxia e coreografía) e expuxeron situacións que teñen visto ou vivido no centro.



0 comentarios:

Publicar un comentario