O pasado venres 4 de Decembro, o alumnado da clase de 2ºBACH B do IES Afonso X O Sabio acudimos á igrexa románica de Sta María de Cambre co motivo de visualizar mellor, se cabe, os coñecementos da arte románica adquiridos nas clases de Historia da Arte.
O encargado de mostrarnos a beleza e a espectacularidade desta igrexa foi Ramón Boga,un home que ademais de historiador, participa nunha agrupación política (é o concelleiro de Cultura de Cambre).
Desde o primeiro momento no que Ramón comezou falar desta obra de arte, quedei abraiado, non só pola multitude de coñecementos que tiña, senón pola súa capacidade para relacionar todas as diferentes interpretacións da igrexa.
A visita comezou coa explicación da relación entre o alzado e a planta (xa que nalgúns aspectos do alzado compártese a planta da cruz latina). Continuou coa análise das diferentes molduras decorativas das arquivoltas do arco que representaban múltiples esceas importantes da Biblia. Dende o meu punto de vista, o máis importante foi o paralelismo ao representar os dous libros que compoñen a Biblia, a primeira, na clave da arquivolta exterior, e a segunda, nas ménsulas situadas nos lados baixo o lintel da porta.
O seguinte foi entrar na igrexa e, como é propio das igrexas románicas, a primeira visión apunta cara o altar.
No seu interior atópanse diferentes programas escultóricos decorando os capiteis ou as basas.
Pareceume unha visita bastante interesante, tanto desde o punto vista artístico, coma desde o punto de vista da aprendizaxe para o noso exame. Ademais esta visita facilitounos, polo menos a min, a visualización de moito vocabulario.
Carlos Santiago Pier 2ºBACH B
0 comentarios:
Publicar un comentario