Durante todas as tardes da semana pasada, profesorado do noso centro acudiu a un curso de formación impartido por Francisca Ameneiros e Esther López, presidenta da Asociación Galega de Dislexia para mellorar na detección e tratamento dos trastornos da lectura e da escritura. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer de cerca o pioneiro programa que se leva a cabo no noso centro desde hai máis de 15 anos de "Lectoescritura", programa personalizado que se lles ofrece ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO co cal trátanse as distintas áreas da aprendizaxe de cara a mellorar tanto na expresión escrita como na comprensión escrita.
Este curso impártese dentro do Plan de Formación do noso centro e pretende ampliar e mellorar as pedidas que se ofrecen á diversidade do noso alumnado.
Noticia no Noticiero de Arteixo
0 comentarios:
Publicar un comentario