O día comezou con dúas sesións de clase ordinarias e despois continuou cun pequeno concerto dos grupos de música de 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH. Despois comezou un desputadísimo concurso de comparsas de Entroido no que participaron prácticamente a maioría dos grupos da ESO, bacharelato e ciclos. Os premios foron os seguintes:
Premios do primer ciclo:
1º premio: 2ºD
2º premio 2ºC
3º premio 2ºA e mención especial do xurado
Preios do segundo ciclo:
1º premio: 4ºA
2º premio: 1ºBACH A
Premio especial á orixinalidade ao 2º Grao Superior de FP
Mención especial do xurado ao 3ºPMAR
Mención especial ao baile de Mohamed Sene
Rei e Raíña do Entroido:
Nerea Tomé Regueiro e Irene López de Uña
A todos eles e a todas elas moitísimas grazas polo esforzo, a dedicación e a labor de inclusión dos grupos presentados. Os premios consistirán en excursións e pequenas celebracións no centro, para seguir afondando na tarefa da socialización e da inclusión como grupo como forma de mellora da convivencia no noso centro.
Por último, queremos facer un chamamento a seguir participando nos nosos Entroidos, este ano houbo tanta participación que case non nos deu tempo a acabar. Así pois, facemos entrega do MÉRITO AFONSINO aos grupos de 1ºA, 1ºB, 1ºD, 1ºE, 1ºF, 2ºA, 2ºB, 2ºC, 2ºD, 2ºF, 3ºA, 3ºB, 3ºD, 3ºE e PMAR, 4ºA, B, C, D e 1ºBACH A, 1ºBACH B E 1º e 2º de FPB e 1º e 2º de Grao Superior de FP)
0 comentarios:
Publicar un comentario