lunes, 13 de marzo de 2023
Asistencia ao Congreso LQDV 2023
@s alumn@s de Relixión do IES Afonso X "O Sabio" participaron o 03 de marzo na 14ª edición do congreso Lo Que De Verdad Importa (LQDVI), que se celebrou en PALEXCO (A Coruña) xunto a 1500 moz@s, onde escoitaron grandes historias de constancia, optimismo, superación e esforzo.
A Fundación Lo Que De Verdad Importa é unha organización sen ánimo de lucro, cuxo fin non é outro que a difusión de valores humanos universais na sociedade, poñendo o foco en promover e afianzar os pilares humanísticos que sustentan a esperanza dun mundo mellor.
Para iso, se divulgan e promoven historias persoais de paz, solidariedade, dereitos humanos, igualdade, superación, tolerancia, acceso á educación e liberdade, entre outros; historias reais de vida que impactan, que inspiran, e que non pretenden en ningún caso dicir o que é importante, senón axudar a que o descubramos.
O desexo de transmitir en primeira persoa valores que nos fagan reflexionar sobre o que realmente importa na vida.
@s relatores/as foron @s seguintes:
Arancha Martínez
En 2008 tras unha viaxe á India, deixa o seu traballo na banca de inversión e funda it-willbe.org para introducir eficiencia e innovación no ámbito da cooperación.
Liderou a creación de PPA-People´s Protection App sistema de identificación de colectivos vulnerables e recibiu multitude de premios.
Ousman Umar
Ousman saíu de Ghana con 13 anos. Tras cruzar andando o deserto do Sáhara e sobrevivir a dúas viaxes en patera, aos 17, chegou a España. Hoxe en día ten dúas carreiras, un máster e unha ONG premiada pola ONU.
Albert Espinosa
Albert Espinosa é escritor, actor e guionista. Aos 13 anos lle diagnosticaron un cancro que lle levou a pasar dez anos en hospitais. Esta experiencia lle inspirou para crear os seus traballos mais exitosos como o guión da película Pranta 4ª e a serie de televisión Pulseiras Vermellas ou os libros “O mundo amarelo” e “Se ti me dis ven déixoo todo… pero dime ven”.
Vémonos na seguinte edición LQDVI 2.024!
lunes, 13 de febrero de 2023
Visita ao CIQUS
O pasado xoves 9 de febreiro, alumnado de ciencias de 1ºBACH visitou o
Campus Universitario Sur de Santiago.
En primeiro lugar acudimos ao CIQUS, onde, con motivo da celebración do
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os estudantes puideron
manter unha serie de encontros con investigadoras para ampliar os seus
referentes científicos. Tamén realizaron unha visita ás instalacións para
coñecer algunhas das técnicas máis habituais e comprender o funcionamento
dos equipos instrumentais máis representativos.
A continuación, visitamos o Observatorio de Astronomía Ramón María Aller.
Puideron coñecer as diferentes liñas de investigación que realiza o centro,
viron os telescopios empregados, curiosidades dos cometas, planetas e
outros aspectos do Universo. Para rematar a visita, desfrutaron dunha
espectacular observación solar.
Ao mediodía, comeron no campus e puideron ver as diferentes facultades de
ciencias .
Aquí o vídeo da excursión realizada.
lunes, 6 de febrero de 2023
Visita ao Parlamento
O Departamento de Administración do IES Afonso X O Sabio organizou unha visita ao Parlamento de Galicia para os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración
e Finanzas.
Esta visita permitiu ao alumnado ampliar as unidades didácticas relacionadas coa temática, correspondentes ao módulo de “Xestión da Documentación”. Mediante a visita guiada amplían a información tanto a nivel cultural coma no referido á parte estudada na aula.
O día no que fixemos a visita, os parlamentarios estaban a debater as emendas aos Presupostos Xerais da Comunidade de Galicia. No momento de entrar ao hemiciclo, acababa de empezar a súa intervención a portavoz do grupo parlamentario do BNG (Ana Pontón), que vimos completa. Despois puidemos ver o comezo da intervención do parlamentario do PP (Pedro Puy). A continuación tiveron lugar as votacións aos presupostos, nas que non estivemos presentes.
viernes, 3 de febrero de 2023
Excursión á Casa das Ciencias e ao Planetario
O pasado luns, 30 de xaneiro, alumnado de 3ºESO do IES Afonso X O Sabio visitou a Casa das Ciencias e o planetario no parque de Santa Margarita de A Coruña.
No planetario visualizaron unha proxección sobre a evolución do coñecemento do Sistema Solar e as súas características. A continuación, viron unha presentación do ceo observable e as súas constelacións, no vindeiro mes de febreiro, dende a cidade de A Coruña.
Dentro da Casa das Ciencias, percorreron as tres exposicións:
- “Física en acción” onde experimentaron con módulos interactivos de conceptos básicos en física.
- “Puro swing” para coñecer os aspectos relacionados co movemento de péndulos
- “La astronomía como te la cuentan” con novas sobre o xeito en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica.
viernes, 20 de enero de 2023
Obradoiro entrevista de traballo
A FUNDACIÓN RONSEL é unha entidade benéfico-docente que nace no ano 2000 coa finalidade de facilitar a empregabilidade.
Traballan catro áreas funcionais:
• Orientación laboral.
• Intermediación.
• Formación ocupacional.
• Asesoramento para a creación de empresas-autoemprego.
Dentro da súa actividade docente realizan talleres de formación nos centros educativos, dirixidos ao alumnado de FP, na área de emprego e emprendemento.
O día 11 de xaneiro, visitou o noso centro Alba, para impartir un taller de “ENTREVISTA DE TRABALLO” aos nosos alumnos de ciclo medio de Xestión Administrativa.
ALBA realizou simulacións de entrevista de traballo con alumnos dos grupos:
• 1CMXA (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa)
• 2CMXA (2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas)
Previamente puxo en coñecemento do noso alumnado o funcionamento da Fundación Ronsel, e explicou todo o proceso do ciclo de selección de persoal, incidindo maiormente nos tipos de entrevista e as súas fases.
Despois da realización das dinámicas, fixo observacións ao alumnado participante sobre o desenvolvemento da entrevista (respostas dadas, linguaxe verbal, xestual, os tipos de preguntas (verificación, reto...), para que o teñan en conta no seu futuro profesional.
viernes, 25 de marzo de 2022
Sotavento
Durante este mes o departamento de tecnoloxía organizou dúas saídas para o alumnado de 3ºESO ao Parque Eólico Experimental Sotavento.
Participación no rally matemático 2022
O noso centro participou este ano no Rally Matemático, actividade participaron un total de 24 alumnos dos grupos de1ºESO E e 2º ESO E, distribuidos en dous grupos en cada clase.
Esta actividade implicaba que o alumnado resolvese, de xeito colaborativo, problemas propostos desde a organización do concurso. Para tal fin comeron xuntos e, posteriormente, reunímonos na biblioteca para desenvolvela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)