O Departamento de Xeografía e Historia organiza, durante o mes de novembro, a exposición “50 anos do gran paso” para conmemorar a chegada da humanidade á Lúa.
A Exposición iníciase cun gran “photocall” seguida dunha mostra de maquetas alusivas ao evento realizadas polo alumnado de 1º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Posteriormente pódense contemplar dez grandes paneis nos que se recolle información, tal como: os proxectos americanos Geminis, Apolo; a nova da chegada á Lúa na prensa mundial; as principais persoas protagonistas; a carreira espacial da URSS; a muller (e o machismo) na carreira espacial ou mesmo os filmes nos que o espazo é protagonista.
As visitas guiadas do alumnado van acompañadas dunha ficha de actividades.
Para máis información, o blog da Biblioteca O bosque animado
Noraboa a todo o profesorado participante e colaborador e, sobre todo... ao noso alumnado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario