jueves, 27 de febrero de 2020

Viaxe a Grecia

Durante o pasado Entroido, do 21 ao 26 de febreiro, máis de vinte alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato fixeron unha excursión cultural a Grecia, organizada polos departamento de Latín e Grego e Xeografía e Historia.
O obxectivo era coñecer a Cultura Clásica de Grecia así como os elementos máis sobranceiros da súa Historia da Arte.
O día 22 fíxose unha excursión ao santuario de Delfos, visitando o recinto arqueolóxico e o seu museo.
O día 23 visitouse a Acrópole de Atenas e o seu novo Museo así como o Arco de Adriano, o templo de Zeus Olímpico, o novo Estadio Olímpico así como os barrios de Plaka e Monestiráki.
O día 24, cun horario intensísimo, visitouse o Canal de Corinto, Corinto Antiga, o Tesouro de Atreo, Micenas e o seu museo, rematando no museo e  teatro de Epidauro.
O día 25, visitouse o Ágora romana (Museo, templo de Hefestos) e, despois de camiñar polo centro de Atenas, o Museo Nacional de Arqueoloxía. Pola tarde, nova excursión, para ver o solpor no Cabo Sounion, ao pe do templo de Poseidón.
Nas excursións contamos cunha magnífica guía, Roula Kakava, que enchou, cos seus coñecementos e paixón, os corazóns do noso alumnado de  amor pola Grecia Antiga e pola Grecia actual.
O 26, cheos de pena, tocou regresar.









0 comentarios:

Publicar un comentario