sábado, 6 de noviembre de 2021
Como ser emprendedor sen vocación aplicando o sentido común
O pasado día 27 de outubro, co obxectivo de reforzar os contidos dos módulos Empresa na Aula e Simulación empresarial que nesta primeira evaluación abordan o tema do emprendimento como saída profesional viable, tipo lugar a charla "Como ser emprendedor sen vocación aplicando o sentido común", para alumnado de 2º de GM de Xestión Administrativa e 2ºGS de Administración e finanzas, impartida por Alejandro José Fontán Taracido, xerente de MUNDOCIO e AVENTURA MUNDOCIO.
Este ponente, empresario con máis de 12 anos de experiencia no mundo do ocio dedicado a dinamizar eventos de ocio presentou un testimonio de primeira man, explicándolles ao alumnado todo o proceso de iniciar un negocio, dificultades, trabas burocráticas, motivacións, elección da forma xurídica da SL e separación de bens coa sua esposa (funcionaria) para evitar comprometer o seu patrimonio familiar co negocio.
Reforzou co seu discurso o que é a idea de negocio, o perfil do emprendedor, as vantaxes e inconvenientes de emprender, explicando como obtivo financiamento vía subvencións, recursos familiares e préstamos de entidades financieiras, así como os motivos para a elección da ubicación do seu negocio, pormenorizando como fixa os prezos para poder ser competitivo pero ao mesmo tempo ético cos seus empregados, demostrando o seu amplo coñecemento da sua competencia directa.
A actividade foi amena, distendida e directa e o alumnado participou facendo preguntas de todo tipo, que foron respondidas con moita franqueza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario