viernes, 25 de enero de 2019

Concerto de Zenzar en A Coruña

O alumnado de 1º Bacharelato acudiu ao centro Ágora da Coruña o mércores 23 de xaneiro para asistir a unha charla e concerto do grupo Zenzar, dentro do programa de actividades "Falamos", promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Os músicos implicáronse a fondo e lograron motivar a un público que mesmo chegou a erguerse do asento para facer o tren ao ritmo da famosa canción de Andrés Dobarro versionada por Zenzar. Toda unha descuberta para moitos e moitas! 

0 comentarios:

Publicar un comentario