sábado, 8 de febrero de 2020

Visita a Navantia


O pasado día 6 de febreiro, o alumnado de 4ºESO  e 1ºBACH de tecnoloxía e tecnoloxía industrial visitaron as instalacións de Navantia (Ferrol).
Durante a visita, dunhas tres horas de duración, o alumnado visitou, en primeiro lugar, ExpoNav (Exposición Nacional de la Construcción Naval) considerado o museo máis ompleto de Europa na súa temática. Alí, e a través dunha visita guiada, recibiron múltiples e detalladas explicacións da historia naval da cidade, puidendo contemplar diferentes maquetas e varias pezas reais que proporcionan unha idea do que é a construcción dun barco. 
Terminada a visita ao museo e acompañados dun guía, visitaron as instalacións de Navantia (cunha extensión de preto dun millón de metros cadrados) e, como curiosidade, tiveron ocasión de ver as obras de reparación ue se están levando no buque Blue Star, barco que encallara o pasado mes de novembro na Ría de Ares.
Sen dúbidas esta foi unha visita moi interesante para o noso alumnado, que puido comprobar o funcionamento, organización e traballo dunha empresa destas magnitudes.



























0 comentarios:

Publicar un comentario