O alumnado de 3º de ESO acudiu, os días 8 e 27 de xaneiro, ás instalacións do parque eólico experimental de Sotavento, nunha excursión organizada, conxuntamente, polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química.
Durante a visita, de tres horas de duración, puidemos observar diferentes experimentos en relación coas enerxías renovables e non renovables, visitamos a vivenda bioclimática experimental que ten o parque e o interior dun dos seus aeroxeneradores.
Con esta visita pretendíamos dar un paso máis en subliñar a importancia que ten para o noso planeta que as novas xeracións se conciencien no uso e consumo racional da enerxía.
0 comentarios:
Publicar un comentario