lunes, 13 de febrero de 2023

Visita ao CIQUS

O pasado xoves 9 de febreiro, alumnado de ciencias de 1ºBACH visitou o Campus Universitario Sur de Santiago. En primeiro lugar acudimos ao CIQUS, onde, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os estudantes puideron manter unha serie de encontros con investigadoras para ampliar os seus referentes científicos. Tamén realizaron unha visita ás instalacións para coñecer algunhas das técnicas máis habituais e comprender o funcionamento dos equipos instrumentais máis representativos. A continuación, visitamos o Observatorio de Astronomía Ramón María Aller. Puideron coñecer as diferentes liñas de investigación que realiza o centro, viron os telescopios empregados, curiosidades dos cometas, planetas e outros aspectos do Universo. Para rematar a visita, desfrutaron dunha espectacular observación solar. Ao mediodía, comeron no campus e puideron ver as diferentes facultades de ciencias . Aquí o vídeo da excursión realizada.

0 comentarios:

Publicar un comentario