martes, 3 de marzo de 2020
Visita aos museos Muncyt e Domus
O pasado venres, día 28 de febreiro, o alumnado de primeiro e segundo de FP Básica visitaron os museos Muncyt e Domus. Esta activade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Informática e Lingua Castelá.
No Muncyt fixeron unha visita guiada na que lles mostraron a enciclopedia mecánica, precursora do libro electrónico e inventada pola ferrolá de adopción Angela Ruíz Robles, o ordenador IBM 650 (primeiro ordenador que chegou a España), os proxectores do cine París (primeiro cine de A Coruña) e o avión Boeing 747 “Lope de Vega” entre outras cousas.
Na Domus visitaron as exposicións “Bocados” sobre nutrición e ciencia, “Xenética” e “Evolución” nas que puideron descubrir a cantidade de auga que tiñan no corpo, as calorías que se consumen cando se camiña sobre unha gran roda e a velocidade dun tiro de penalti entre outras cousas. Tamén intentaron relaxarse para gañar un xogo que medía a súa actividade cerebral e puxeron a proba os seus reflexos e axilidade con xogos moi diversos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario