A pasada semana visitamos Santiago de
Compostela co alumnado de 2º de Bacharelato A e B da materia de
Historia da Arte.
A experiencia nos servíu para repasar
o entorno barroco da catedral parando no Obradoiro, a Praza de
Praterías e a de Quintana, así como a impresionante fachada do
convento de Santa Clara e a escada helicoidal de Andrade no Museo do
Pobo Galego. Sabedes que esta escada é un verdadeiro prodixio
matemático?
Aquí tedes un enlace sobre esta escada
ao ceo:
Non só nos centramos no Barroco
compostelano na nosa visita senón que tivemos a oportunidade de
disfrutar dunha interesante visita guiada á Fundación Granell, sita
no Pazo de Bendaña no Toural.
Grazas a Edu, o noso guía, aprendemos
sobre a vida e obra do artista coruñés Eugenio Granell. Unha vida
de película, sen dúbida, de constante fuxida polos seus ideais.
Aquí tedes un enlace para saber máis
sobre este gran artista surrealista:
0 comentarios:
Publicar un comentario