O programa Quérote+ leva desenvolvendo actividades formativas para o noso alumnado desde hai máis de oito anos.
viernes, 19 de enero de 2018
Quérote+ no noso instituto
Esta semana teremos a visita dos técnicos de Quérote+, un servizo de información e asesoramento á mocidade da Xunta de Galicia, que como ven sendo habitual en cada curso, levarán a cabo obradoiros de educación afectivo-sexual co alumnado de 3º da ESO. Trátase con esta iniciativa de abordar contidos relacionados coa sexualidade humana, de cara a que vivan a súa sexualidade de xeito positivo, saudable e dende o respecto e a responsabilidade. Ademais dos contidos traballados en aula, ofrecerase ao alumnado a posibilidade de realizar as consultas que desexen de xeito totalmente anónimo e confidencial.
O programa Quérote+ leva desenvolvendo actividades formativas para o noso alumnado desde hai máis de oito anos.
O programa Quérote+ leva desenvolvendo actividades formativas para o noso alumnado desde hai máis de oito anos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario