domingo, 6 de marzo de 2022
Exposición "A guerra civil"
Durante a primeira quincena de marzo no recibidor do IES poderase contemplar a exposición “A Guerra Civil” a cor organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Tras a exposición “A proclamación da II República na Coruña” o alumnado gozará unha selección de 140 fotografía da Guerra Civil na que se poden apreciar temas tan diferentes como acción bélicas, armamento, persoeiros salientables, accións de vida cotiá (a destacar os xogos da infancia con temática militar), a reacción da cidadanía ante os ataques aéreos ou mesmo a presenza da tropas non españolas.
Ademais a exposición compleméntase cunha selección de reproducións de carteis de distintas organizacións políticas e sociais realizados durante o conflito. Tamén a biblioteca amosa os seus fondos de banda deseña sobre este tema ademais de preparar unha guía de lectura. Igualmente cómpre salientar que esta semana o historiador Xosé Alfeirán impartirá a conferencia “A proclamación da II República” para o alumnado de 2º de Bacharelato.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario