martes, 2 de marzo de 2021

Exposición O traballo infantil a principios do século XIX

 Na primeira quincena de marzo o Departamento de Xeografía e Historia organiza no recibidor do IES a exposicón “O traballo infantil a principios do século XIX".

Trátase dunha selección de 50 fotografía de Lewis  Hine, fotógrafo do Comité Nacional de Traballo Infantil dos Estados Unidos de América. Este artista capturou fotografías dalgúns dos nenos que formaron parte da forza laboral dos Estados Unidos entre 1908 e 1924.  Hine viaxou por todo E.U.A, documentando aos nenos que traballaban en fábricas, campos e no fogar. O departamento de Xeografía e Historia busca con esta exposición promover os “dereitos, a conciencia, a dignidade, o benestar e a educación dos nenos e mozos na súa relación co traballo”. As fotos,  compiladas pola Biblioteca do Congreso dos EUA, son o resultado do traballo de  Hine e o  NCLC.





0 comentarios:

Publicar un comentario