Como cada curso escolar o departamento de Lingua castelá e literatura convocou o XVI Certamen literario "Sea breve, por favor" para celebrar o Día do libro.
Como resultado, déronse dous premios por ciclo e realizouse unha bonita entrega de premios, á cal baixaron dúas clases como ointes, os premiados e os participantes na cerimonia.
A cerimonia consistiu nun pequeno concerto do coro do IES Afonso X O Sabio e no visionado de varias curtametraxes, como esta feita por alumnado de 4ºESO de Artes escénicas.
Desde aquí moitas grazas ao departamento de Lingua castelá por organizar o evento e ao de Música por colaborar na entrega de premios.
0 comentarios:
Publicar un comentario