O pasado venres, 27 de setembro, o xefe de departamento de Física e Química acompañou a diversos estudantes de 4ºESO para que participasen na I Olimpiada Cienfítica Juvenil Española (OCJE) en Santiago de Compostela.
A proba consistiu nunha serie de preguntas de resposta múltiple sobre as diferentes materias da área científica (Fïsica e Química, Tecnloxía, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, entre outros)
Estamos moi orgullosos e orgullosas do entusiasmo do noso alumnado, así como da implicación do profesorado. Esta actividade está dentro do Club de Ciencia do IES Afonso X O Sabio.
0 comentarios:
Publicar un comentario