O pasado 17 de xaneiro, a metade do noso alumnado de 1ºESO acudiu á fundación Abanca en A Coruña para visionar o documental Máis ca vida. Nel puidemos ver o proceso de elaboración da curtametraxe Vida. Tanto a curta como o documental amosa como protagonistas a persoas con diversos tipos de diversidade. Ao final do encontro houbo unha charla-coloquio co director Rubén Riós e, ao remate do visionado, incorporouse á charla o protagonista masculino da curta, o actor Óscar Rodríguez Montesinos.
Estamos moi orgullosas do noso alumnado de 1ºESO, ogallá tivéramos podido ir todo o instituto a reflexionar sobre a importancia da integración, do moitísimo que aportamos todas as persoas á convivencia e á aprendizaxe de todos neste mundo que todos compartimos. Para nós foi un luxo podelo compartir con todos.
Aquí algunhas imaxes do noso alumnado asistindo ao espectáculo. Moitas grazas a Mar e ao departamento de Galego por organizar a actividade.
viernes, 2 de febrero de 2018
VIsionado do documental Máis ca vida
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario