jueves, 10 de marzo de 2016

Coloquio aberto sobre a violencia de xénero

O pasado día 8 de marzo ás 17 horas, tivo lugar, no salón de actos do Instituto, un coloquio aberto sobre a violencia de xénero. Contamos coa presenza de D. Miguel Filgueira Bouza, xuiz de violencia de xénero da da Coruña. Asistiu alumnado dos dous cursos de Bacharelato, de 4º da ESO e de FPB. O acto era dende o principio aberto ás intervencións do alumnado. Tivo moito interese a confirmación dende o aspecto xudicial de moitos dos elementos que se abordan sobre o tema, como son as dificultades de denunciar das vítimas, a pasividade das persoas coñecedoras, o inicio na adolescencia de condutas entre as parellas que propician posteriormente estes comportamentos. Constatamos co xuiz como un problema que parecía que ao abordalo abertamente dende varios ángulos- xudicial, policial, educativo, asistencial, etc- entraría en vías de  solución ou de minorización non está sendo así. Desafortunadamente estanse reproducindo condutas e valores favorecedoras desta violencia, e actuación da educación, sempre imprescindible, non é suficiente para cambiar esta situación.

Grazas a esta interesante proposta que ven da Comisión de Convivencia,  a iniciativa do grupo de traballo de convivencia que ten o noso instituto.

0 comentarios:

Publicar un comentario